Tuesday 17 de September de 2024

Concentración de familias no colexio Castro Baxoi de Miño para esixir melloras


Esta tarde, ao redor dun centenar de persoas manifestáronse para esixir melloras no colexio Castro Baxoi de Miño relativas á masificación das clases, a deterioración das instalacións ou a falta de profesores. A solución a este último punto foi unha das máis demandadas, pois Miño é o concello da zona que máis crece en poboación aínda que non se ve aumentado o número de profesores no centro.

A Asociación de Pais e Nais de Alumnos do colexio convocara a concentración para as 19:00 horas no paso de peóns da estrada DP- 4803, á altura da saída da autoestrada AP- 9, motivo polo que a estrada permaneceu cortada ao tráfico. O punto de encontro foi o restaurante Carboeira.